CONDICIÓNS XERAIS DA TARXETA DE FIDELIZACION
PRIMEIRA: OBXECTIVO
Este programa de fidelización é levado a cabo pola “Asociación de Empresarios de Deza” xunto cos comercios asociados, tendo por finalidade bonificar ós traballadores e clientes habituais que realizan as súas compras nas distintas pemes integradas nesta Asociación.
Preténdese incentivar as compras na Comarca de Deza e beneficiar ós consumidores que adquiran produtos nos comercios adheridos a esta iniciativa.
A través desta tarxeta, os titulares da mesma poderán obter descontos na súas compras en establecementos adheridos á promoción.
Poderán ser titulares da tarxeta todos aqueles traballadores pertencentes a empresas que forman parte da Asociación así como os clientes de cada empresa participante.
SEGUNDA: ÁMBITO DE APLICACIÓN
A Asociación de Empresarios de Deza poñerá a disposición dos seus socios, isto é , das empresas que se integran na mesma, as tarxetas de fidelización, que deberán distribuír entre os seus traballadores e clientes de xeito gratuito.
Os descontos só serán aplicables nos establecementos adheridos á promoción.
A Asociación de Empresarios de Deza comprométese a informar ós usuarios daqueles establecementos participantes.
TERCEIRA: DURACIÓN
O sistema de fidelización da tarxeta comezará a partir do 1 de decembro do 2009 e finalizará cando a Asociación de Empresarios de Deza e os comercios asociados participantes así o acorden, decisión que se comunicará ós titulares a través da web da AED, www.aedeza.com , www.dezacomercio.org ou por calquera outro medio que estes consideren oportuno.
CUARTA: OPERATIVA
Este programa de fidelización opera mediante o sistema de descontos, previamente establecidos, os cales serán iguais para tódalas empresas pertencentes ó mesmo gremio.
O titular obterá o desconto cada vez que presente a tarxeta no momento de realizar a compra de produtos e servizos nos establecementos adheridos a promoción.
Para que se efectúe o desconto ao consumidor, é imprescindible que no momento da compra, o cliente presente a mesma ó comerciante como medio de identificación.
Os titulares das tarxetas poderán consultar as bases e o funcionamento da tarxeta de fidelización na propia páxina web da Asociación www.aedeza.com. Igualmente, en dito portal terán a súa disposición outra información de interese, como por exemplo, os comercios e empresas nas que pode facer uso da tarxeta, os beneficios da mesma, descontos que se aplicarán en cada tipo de produto ou artigo, etc.
QUINTA: COMERCIOS ADHERIDOS E DESCONTOS
*Ver datos adxuntos.
Os descontos poderán ser modificados en calquera momento previo acordo coa Asociación, aplicados a determinado tipo de xénero ou artigo, así coma ser só para determinadas datas, tanto a Asociación de Empresarios de Deza coma os comercios asociados participantes o comunicarán a traves da web da AED www.aedeza.com , www.dezacomercio.org ou por calquera outro medio que estes consideren oportuno.
SEXTA: CONDICIONS DE PAGO
O pago realizarase en efectivo ou con tarxeta de crédito no momento da compra. Non serán admitidas tarxetas de pago aprazado. A compra mínima para que se poda aplicar o desconto sera de 30€ en todolos establecementos excepto 20€ en “Frutería O Grelo” e 15€ en “Viñoteca Cataquecata”, “Kubos Mojitos e Kaipirinhas ” e “ A Taberna de Vento” .
SÉTIMA : PROMOCIÓNS
A través da tarxeta, o titular beneficiarase no só desta acción de fidelización, senón tamén doutras que se vaian creando no futuro. Estas promocións especiais serán comunicadas debidamente a través da web da AED www.aedeza.com, www.dezacomercio.org , comercios adheridos ou calquera outro medio que se considere oportuno.
OITAVA: COMPATIBILIDADE
Os descontos ós que de lugar a tarxeta non serán acumulables a outras ofertas, promocións, rebaixas ou similar.
NOVENA :PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (L.O.P.D), a Asociación de Empresarios Comarca do Deza, informa ós usuarios participantes que no caso de recollerse datos de carácter persoal, éstes serán obxecto de tratamento automatizado e incorporánse nos ficheiros correspondentes, debidamente rexistrados e inscritos na Axencia Española de Protección de Datos
A ditos ficheiros poderá acceder o usuario en calquera momento aos efectos de exercitar os dereitos recoñecidos pola L.O.P.D, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario mediante comunicación escrita á sede da Asociación, no seguinte enderezo: Avenida da Estación, Edificio Montserrat, nº 3, baixo, 36500, Lalín, Pontevedra.
DÉCIMA : PERDA, DETERIORO, COMPETENCIA DESLEAL E OUTROS.
No caso de extravío ou deterioro poderase solicitar outra nova nos establecementos ou na propia Asociación de Empresarios de Deza.
Se o titular detectase anomalías no desconto aplicado deberá comunicalo no comercio onde realizou a compra que deu lugar a anomalía, mediante a presentación do recibo correspondente á mesma. Se tal feito derivase nunha reclamación, o establecemento estará obligado a enviar unha copia da mesma á Asociación.
As empresas participantes neste programa comprométense ó exercicio da promoción en condicións de igualdade para co resto de pemes, estando absolutamente prohibido o exercicio dunha competencia desleal. Deste xeito, no suposto de que unha ou varias empresas vulneren os anteriores principios, a organización resérvase o dereito de expulsar a/as mesmas do programa Tarxeta de Fidelización.
UNDECIMA : RESPONSABILIDADE
A Asociación de Empresarios de Deza non será responsable dos danos ou prexuizos de calquera clase que se deriven da operativa da Tarxeta, nin será responsable das transaccións comerciais que se produzan entre os comercios adheridos e o titular como consecuencia do uso da mesma.
DUODÉCIMO : ENVIOS
As tarxetas serán enviadas en lotes dunha cantidade preestablecida ó responsable de cada empresa para así poder saír o mercado con data 01/12/2009.
DECIMO TERCEIRA: BASES XERAIS
A mera participación na promoción supón a aceptación plena de todo o establecido nas presentes bases nas que opera a promoción. O incumprimento das mesmas supón a privación de todos os dereitos que poidan derivar da participación na mesma.
A organización resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como o de suspender a campaña por causas alleas á súa vontade, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
As consecuencias fiscais derivadas do uso da tarxeta, se as houbera , serán asumidas por quen resulte responsable con arranxo á lexislación que se aplique.
DECIMO CUARTA: XURISDICCIÓN
Para a resolución das controversias que poidan xurdir a consecuencia deste programa de fidelización, as partes sométense expresamente ós Xulgados e Tribunais da Vila de Lalín.
PRESTACIÓNS DA Asociación de Empresarios de Deza
A AED quere que esta campaña esté asentada baixo un principio de claridade e transparencia, de xeito que tódolos comercios participantes así como os beneficiarios teñan as máximas garantías de legalidade. Para iso, márcanse unhas pautas de seguemento moi precisas:
- Información persoal a tódolos comercios, explicándolles en que consiste a campaña e aclarando tódalas dúbidas que lles poidan surxir.
- Información puntual de tódolos participantes, así como os descontos que están interesados en facer.
- Elaboración dunhas bases de actuación, que se distribuirán entre tódolos comercios adheridos e que se protocolizarán ante Notario, para evitar calquera tipo de manipulación.
- Elaboración de folletos e dípticos informativos, a distribuír entre os usuarios das tarxetas, onde se recolle a listaxe de establecementos que participan na campaña, as porcentaxes de descontos que se fan e todas aquelas consideracións oportunas.
- Deseño dunha páxina web, donde se colgarán as bases da campaña, comercios adheridos, descontos que se realizan, localización de ditos comercios, etc...
- Os comercios participantes, terán nun lugar visible, un cartel no que se indique a súa adhesión.
A fin de dar un mellor servizo, o titular poderá resolver as súas dubidas e incidencias a través da Asociación de Empresarios de Deza no telefono 986787091 en horario de maña 09:00 a 14:00 e de tarde 16:30 a 20:00 ou na web www.aedeza.com, www.dezacomercio.org |