San Cristobal web

 

Despois de 22 anos, Lalín celebrou a festa do San Cristovo, patrón dos viaxeiros e automobilistas, con un programa de actividades que contou coa exposición e procesión de vehículos e motos antigas.

Foron moito os veciños e visitantes que puideron admirar os diferentes tipos de coches: un Cadillac branco, 850 descapotable, Mercedes 300, diversos Volkswagen, Peugeot, Citroën, varios Escarabellos, o mítico 600. Moitos deles apareceron adornados con flores para conmemorala festa.  O mais antigo, un Dodge azul, presidía a comitiva de vehículos e lucía o San Cristovo no teito.

De entre a exposición de motos contábanse varias Anglas, Ducatis, Montesas, Bultacos, Augustas, Royal Enfield e as tan aclamadas Vespas, que cada día póñense mais de moda entre a mocidade.

A iniciativas foi levada a cabo pola Comisión de Hostalaría e Turismo, enmarcada dentro da Asociación de Empresarios de Deza, que dado o éxito acadado empeza a pensar na mellora desta festa cara o ano que ven.

Fotos

 

 

AED