Contan que foi Alfonso XIII quen popularizou “O Tapeo” como acompañante das copas. Durante unha viaxe a Cádiz o rei pediu que lle serviran un viño. Un taberneiro cubriulle o vaso cunha rebanda de xamón para que non se enchera de areas, e triunfou coa mezcolanza, xa que foi do agrado do rei que comeu a tapa e pediu outra.