Agora máis que nunca, a innovación e a imaxinación deben ser cualidades de todo empresario. E necesario por en marcha iniciativas creativas e provocadoras que aporten vantaxes e sexan atractivas para os clientes. A Asociación de Empresarios de Deza (AED) sabe que ésta é unha clave fundamental nos nosos días, por iso pon en marcha unha tarxeta de desconto que pretende incentivar as compras na Comarca de Deza e beneficiar ós consumidores que adquiran produtos nos comercios adheridos a esta iniciativa. 

Os titulares da Tarxeta de Fidelización poden disfrutar, sen coste algún, dos beneficios que outorgan estes establecementos, restaurantes, hoteis, tendas, axencias de viaxe e agora tamén cines. A nova promoción permite gozar do prezo do día do espectador nos multicines Filmax Pontiñas de Luns a Venres non festivos ata o 30 de setembro de 2010. ( Exentas películas Warner).

 

 
 
 

Páxina de recursos informativos da Campaña de Promoción Comercio do Deza

 

 
Concellos Turismo
Gastronomía e aloxamentos Establecementos comerciais asociados

 

 
  Asociación de Empresarios de Deza